Unha ferramenta colectiva para a potenciación dos movimentos sociais de base, autoxestionarios e antiautoritarios.
O portal Galiza Libertaria é unha iniciativa do grupo anarquista “Unión Libertaria” de Ferrol.
A nosa intención é a de construir unha ferramenta colectiva para a potenciacióndos movimentos sociais de base, autoxestionarios e antiautoritarios. Agardamos que o portal poida servir para complementar a actividade de movimentos sociais de base na Galiza e tamén para evitar a súa manipulación por partidos políticos e vellas vangardas en trance de reciclaxe.
Dende a rede internet desexamos ofrecer outro lugar de encontro para todas aquelas organizacións e individualidades libertarias e antiautoritarias que desexen traballar conxuntamente para combater ao neoliberalismo rampante. A cuestión non é crear un espazo de mobilización virtual en
internet que suplante ás mobilizacións na rúa, senón que a nosa intención é a de que estas páxinas sirvan para apoiar as loitas que se vaian facendo no mundo real. Un espazo que poida servir ademáis para a reflexión é o debate constructivo entre compañeiras e compañeiros.
Dende este espazo de cooperación e comunicación podemos plantexar iniciativas conxuntas ou dar publicidade ás actividades de cada grupo ou organización, mais partindo sempre de premisas como a independencia e o respeto entre os colectivos de diverso signo. A diversidade no movimento
libertario é un valor a explotar e non un problema que haxa que resolver.
Por principio, rexeitaremos calquera iniciativa tendente ao control ou tutela doutras organizacións ou movimentos sociais e, igualmente, como anarquistas que somos, rexeitaremos que calquera tente tutelar as nosas actividades.
Ao cabo, agardamos que a creación dun ambiente de colaboración entre diferentes organizacións e movementos sociais, e a potenciación das actividades libertarias na Galiza, poidan servir para impulsar un cambio social cara a un horizonte de maior xustiza e libertade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario