23 jul 2009

[GAL - Corunha] Universidade popular e xuntanza de okupacións L.S.O. Casa das Atochas

Os próximos 24 e 25 de xullo no L.S.O. Casa das Atochas terá lugar unha xornada da Universidade popular e unha xuntanza para falar sobre a okupación.

Estades tod*s convidad*s tanto a participar das actividades como a propor temas a debatir, persoas a quen convidar, etc.

Aínda que non esteades vinculad*s de maneira directa coa okupación unha das motivacións desta xuntanza foi fortalecer os lazos que nos unen e a autoxestión. O que poda dar a coñecer a xente dende a experiencia dos centros sociais, asociacións ou mesmo denden o propio devir individual enriquecerá de xeito significativo o debate.

Haberá disposto sitio para durmir e a reciclaxe e as comidas organizaranse de xeito comunitario.

Programa:
24 e 25 de xullo, mañá e tarde

24 de xullo:
12.00 horas Universidade popular, obradoiro de autoformación xurídica, introducción.
14.30 horas Xantador
16.30 horas Obradoiro de dereito civil e penal, teoría e práctica.
aprox. 21.30 horas Ceador

A cargo da Universidade Popular - preSOS Galiza, Fundación Sen Esquencer
Máis información: http://www.universidadepopular.info/

25 xullo:
12.00 horas Pequena asemblea para falar do que queremos falar a tarde.
14.30 horas Xantador
16.30 horas Debate. A okupación é un xeito de acción política e de desobediencia civil. Inaugurar a coordinación entre espazos, a posibilidade de facer publicacións de actividades e difusión das mesmas conxuntamente, dunha rede de apoio, da posibilidade de editar un “manual de primeiros auxilios” ou "preguntas frecuentes" sobre a okupación, etc.
aprox. 22.30 horas Ceador
23.00 horas Festa

Asistencias confirmadas: CSOA da estacion de Pontedeume, CSO de Bergondo, a Radio Piratona de Vigo, CSO A Camara de Gas de Compostela e a xente da okupa de Vigo. Ademais virán máis persoas de Compostela, do CS A Formiga de Redondela e da ràdio livre Kalimera.

Unha aperta

enderezo: L.S.O. Casa das Atochas, rúa Atocha Alta, 14, Montealto, A Coruña


preSOS Galiza, Fundación Sen Esquencer
L.S.O. Casa das Atochas

No hay comentarios:

Publicar un comentario