26 feb 2010

[Vigo] Convocatoria asemblea aberta Sen Capitalismo


Que é Sen Capitalismo?

O pasado mes de outubro veu Enric Duran a Galiza para falar sobre o decrecemento e propoñer alternativas ao sistema capilista. O caso foi que comezamos a poñernos en contacto xente de proxectos moi diversos (e nalgúns casos moi similares!) de todo o país.

O feito de non sabermos nada os uns dos outros, de non coñecer todas as alternativas que se están a dar na Galiza fronte ao capitalismo, fíxonos pensar na necesidade de crear rede, de unir esforzos.

Sen Capitalismo nace para dar resposta a esta necesidade. Queremos poñer en contacto todas as iniciativas que poidamos, para xuntar forzas e crear alternativas máis sólidas.

A 1ª Asemblea foi no C.S. Atreu! (Coruña): na 1ª asemblea falamos sobre os diferentes colectivos e proxectos nos que participamos ou que coñecemos. Proxectos que ofrezan alternativas ao capitalismo (Cooperativas de Consumo, Universidades populares, escolas libres, centros sociais, moedas alternativas, tendas de troco, cousatecas...).E sorprendeunos a cantidade de cousas que se están a facer. Tratamos diferentes puntos: soberanía alimentaria, vivenda, economía alternativa, enerxía, educación, etc.

A 2ª Asemblea foi na Casa Encantada (Compostela): falouse de utilizar sementeira.org para comunicarnos. A definición que sae desta xuntanza respecto aos proxectos que deben ser recopilados e difundidos é: "proxectos que propoñen e experimentan un modelo fora do sistema capitalista". Constátase nesta reunión dúas inquedanzas: dunha banda hai xente interesada en recopilar información sobre os proxectos activos na Galiza e por outro lado vese a necesidade de facer encontros periódicos sobre temas concretos (vivenda, educación, alimentación, traballo, etc.). Para o mes de abril se fala de facer un encontro sobre vivenda (okupación, cooperativas de vivenda, bioconstrucción, etc.) en Ourense.

Por este motivo nace SEN CAPITALISMO, un grupo de persoas coa vontade de formar unha plataforma que cubra os seguintes obxetivos:

-poñer en contacto colectivos, grupos e persoas para traballar en rede nas alternativas que existen na Galiza.

-informar sobre a situación actual e as alternativas que existen tanto na Galiza como noutros territorios.

-invitar a colectivos, grupos e calquera persoa que estea interesada en traballar connosco.

Xa existe un pequeno grupo en Compostela que está a traballar e a xente de Ourense presentou unha proposta para o encontro (vivenda) de abril.

Para cando a 3ª Asemblea?
O día 27 de febrero ás 12.00 horas no CS Cova dos ratos, rúa Romil, 3, baixo, Vigo, xuntámonos de novo, para comezar a organizarnos nesta dirección.

Estades todas convidadas, participade connosco, ¡entre todas podemos vivir sen capitalismo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario