23 feb 2010

[Pontevedra] Hoxe proxección dos filmes 'Presos de la democracia' e 'En la brecha'

Continuando co ciclo de cinema libertario co motivo do CNTenario, anunciamos a segunda xornada do ciclo coa proxección de dous novos documentos audiovisuais.

A data escollida é o martes 23 de Febreiro, xa que o domingo 21 é o 33 aniversario das revoltas nas prisións promovidas por COPEL (1977). COPEL tratábase dunha organización asamblearia que defendía a amnistía total e a derogación da Lei de Perigosidade Social. Nese ano organizaron máis de 50 motíns en prisións de todo o Estado, 9 delas con grandes danos, destrozos e incendios. Esta organización tiña un grande apoio social tanto dentro como fóra das prisións, xa que sen un orixe puramente anarquista, si tiña unha estrutura e funcionamento como tal, o cal non fixo máis que sumarlle apoios. COPEL foi exterminada por tódolos métodos posibles por parte do Estado español, dando lugar a refomas penais e carcelarias tan duras como o illamento e o réxime de FIES.

Os filmes proxectados serán 'Presos de la democracia' e 'En la brecha'. A proxección terá lugar no Centro Social Reviravolta (rúa Gonzalo Gallás, 4) ás 20.30.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/932

No hay comentarios:

Publicar un comentario