28 abr 2009

Jornadas Antifascistas (BAF Lugo).

http://lugoantifascista.blogspot.com/
Para este próximo Sábado 2 de Maio convocóuse nalgún lugar indeterminado da nosa cidade, un concerto neonazi baixo o nome de “RAC IN LUGO”. Non sabemos a certeza real desta convocatoria, polo nome do colectivo convocante e pola sorpresa que nos causa que un acto deste tipo se realice na nosa cidade. De tódolos xeitos debemos estar antentos para que no caso de que tenten a súa celebración, impedila con todos os medios dos que dispoñamos.Debemos advertir que este concerto posúe un forte contido racista e xenófobo, conlevando a súa celebración a chegada de elementos fascistas doutros puntos do Estado. Destacar que este tipo de actos son de carácter ilegal por iso precísan enmascararse baixo entidades fantasmas como esta que se da en chamar "Batallón Lucense".
Dende BAF Lugo e os diferentes movementos sociais da cidade luguesa opoñémonos con rotundidade a que a nosa cidade sexa escenario deste tipo de actos. Coñecemos a impunidade histórica da que teñen gozado os fascistas en calquera punto do Estado Espanhol, causa que motiva que se sigan realizando estes eventos, os que malia a pasividade institucional enfróntanse á resposta efectiva que o movemento antifascista da en calquer parte do estado. Por iso nós non seremos unha expeción.Dramattic Battle, Guarda da Ferro e Invictos. Tres grupos nazis caracterízados por pertencer á escena R.A.C (Rock Anti Comunista neonazi), ademáis de estar vinculados a organización fascistas e xenófobas. Cabe destacar que estas bandas son coñecidas en toda Europa por participar en numerosos actos ultradereitistas organizados por diversos colectivos que ocultan as súas siglas para saltarse as limitacións legais. Así nesta ocasión o nome usado é “Batallón Lucense” quen podería estar enlazado co extinto “Bastión Lucense”.
De tódolos xeitos non vamos a permitir que nin este nin outro tomen a nosa cidade para as súas parafernalias fascistas.Subliñamos que estes feitos supoñen unha clara apoloxía do xenocidio, da discriminación racial e da violenza gratuíta, que promoven durante o transcurso dos propios actos nos que exhiben swasticas, cruces céltigas e se profiren consignas xenófobos que exaltan o nazismo e desprezan ás vítimas do mesmo. Baixo a apariencia dun concerto, dunha simple actuación musical, neste tipo de demostracións hai implícito un intento de captación, adoutrinamento e financiamento para estes despreciables grupos que merecen dende a nosa parte unha resposta efectiva e consecuente. Malia isto, non esperemos a acción de ningún órgano policial ou institucional que vaia impedir a súa realización. Mentres se siguen criminalizando a grupos como Soziedad Alkoholika ou Banda Bassoti, estes non atopan ningún impedimento nos seus desgraciados propósitos.
En protesta por permitir este tipo de actos fica convocada unha concentración para as 20:30 do Sábado 2 de Maio na Praza do Campo, para denunciar e esixir man dura contra este tipo de grupos , que supoñen unha ofensa a tódalas vítimas fascistas e poñen en perigo a convivencia social, racial e cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario