OS NOSOS SOÑOS SON OS SEUS PESADELOS
Desde a asamblea da Casa das Atochas queremos denunciar hoxe, aquí e agora a especulación urbanística brutal que vive o barrio de Monte Alto e que se extende a toda a cidade.
A violencia inmobiliaria e urbanística, carente de principios nas súas actuacións, incapaz de resistirse a sentenciar aos seus habitantes, verdadeiros supervivintes dunha batalla sen principios nin lóxica de funcionamento fóra da codicia e o enriquecimento indiscriminado, obriga a quedarse na rúa ou a realoxos nas periferias e arrabales da cidade, case sempre en pisos exiguos, tan antiguos como as súas casas, a moitos cidadáns. Lugares lonxe do centro das urbes, convertidos en botín suculento ao que ningún especulador quere renunciar. Esta aberración basease na amenaza e intimidación de persoas vulnerables por diferentes motivos, desde membros da terceira idade, discapacitad*s, persoas migrantes, xentes en situación de desprotección socioeconómica, etc., co obxectivo de forzalas a abandoar os seus fogares, en réxime de aluguer e mesmo de propiedade.
Así, centros históricos, patrimonio cultural tanxible ou intanxible, recordos, historias, identidades e lendas son sepultadas de maneira irreversible polos aparellos da maquinaria de construcción e condeadas ao esquecemento.
Frente ao desamparo campa victoriosa a total impunidade dos empresarios encubertos polas institucións públicas. Abusos de poder, decisións unilaterais, xerarquización de decisións. Os resultados, palpables: Galiza 2008, 15 obreir*s mort*s no andamio, desahucios xeneralizados, obras sen autorización que se rematan sen problema algún, extorsións, cortes de luz, patadas na porta, a creación de estructuras criminais mafiosas fonte de lucro.
Esta especulación urbanística, que, como principal indicio da aparente e ficticia bonanza económica anterior, levounos á situación de crise económica internacional na que nos atopamos, con por exemplo case 4 millóns de parados a escala estatal e a imposibilidade absoluta de acceso a unha vivienda digna por parte da maioría da cidadanía. Os abusivos prezos do mercado, as costosas hipotecas (elevadas a cifras desmoralizadoras de ata 35 anos) perfilan un futuro cheo de incertidume, medo e frustración, no que as elites empresariais en connivencia coa clase política e as institucións estatais están lonxe de crear unha alternativa real de modelo social e sí moi preto de repetir os mesmos erros, mediante a tentativa de refundación de idénticas estruturas, que nos conduciron a este estado de depauperación.
É por isto que hoxe, aquí e agora decidimos tomar as riendas da nosa propia vida escollendo as vías do asamblearismo e a autoxestión como modelo de organización social, sendo nós os participantes desas mesmas asambleas, os que decidimos e traballamos polo noso futuro e a nosa dignidade, convirtindo espazos abandoados pola especulación en verdadeiros puntos de encontro e dinamización soicopolítica, construíndo da nada espazos de desarrollo creativo, cultural, político e social.
É por isto que cremos na okupación como ferramenta de cambio social, cuestionando tanto a concepción enraizada de propiedade privada como evidenciando aos mercaderes e especuladores que a costa da dignidade de tod*s se enriquecen cada día máis. Así pois, instamoste, compañeir* a que te autoorganices, a que creas en ti mesm*, nas túas posibilidades, non estás só nesta coiuntura, somos moit*s máis e estamos ao teu lado.
Máis de 13000 casas baleiras na cidade
CONTRA A ESPECULACIÓN, OKUPACIÓN
Okupa agora, resiste sempre!
e ademais...
ás 12.00h Contacontos para nen*s a cargo de Iván Serrano
ás 17.00h Manifestación pola okupación (saída do Campo da leña)
ás 20.00h Ball de bastóns a cargo do Casal Quico Sabaté de Sant Celoni
Máis información:
http://www.quicosabate.org/
http://www.myspace.com/casal_quicosabate
ás 20.30h concerto (puntuais) MOSTROS (Palma) + ROKIN KIES (A Coruña)
Ceador vegano
Unha aperta
--
http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
http://www.myspace.com/casadasatochas
No hay comentarios:
Publicar un comentario