13 ene 2010

[Betanzos] Concentración nos xulgados de Betanzos contra a impunidade no C.P Teixeiro

Comisión de Denúncia da Galiza e Esculca convocan a unha concentración nos Xulgados de Betanzos para o martes 19 de Xaneiro, cando às 10 da mañá terá lugar o xuízo contra vários funcionários do Centro Penitenciário de Teixeiro por malos tratos e torturas denunciados por vários internos. Desde a CNT de Compostela, en resposta à chamada recibida deste estas organizacións anti-represivas e que luitan polos direitos humanos de todas as persoas, chamamos a participar nesta concentración.

Desde hai bastantes anos as denúncias por rigor desnecesário e torturas son constantes no módulo de isolamento deste centro penitenciário.

As primeiras de que se tivo coñecimento son do ano 1999. O 3 de Decembro deste ano o próprio xulgado de vixiláncia penitenciária da Coruña (Expediente 9108/99) ditou auto en que criticava a actuación dos funcionários deste módulo e declarava non axustadas a direito as medidas tomadas contra alguns internos: suxeición mecánica (alxemas con grilletes) durante catro días e isolamento provisório durante cinco días.

Estes feitos non transcenden facilmente dado que, como norma, os presos son transladados despois de se ter producido a agresión. Nesto, son varias as denuncias interpostas por varios presos a raíz do que os medios de comunicación deron en chamar o "Motín de Teixeiro"...

O próximo día 19 de xaneiro, está sinalado xuizo de faltas con varios funcionarios imputados: faise importantísimo que se vexa o apoio da sociedade aos presos denunciantes...

Xa sabedes, ás 10:00 horas na praza de diante dos Xulgados de Betanzos

http://www.cntgaliza.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario