Esta primeira xornada anticarcelaria consistirá nunha serie de charlas-coloquio sobre o tema das cadeas, a situación dos presxs, a marxinación e o caso específico dalgúns colectivos minoritarios na mesma. Ademáis tamén trataremos o tema dos montaxes policiais contado pola anarquista Nuria Pórtulas, víctima dos mesmos. Esperamos que estas xornadas sirvan como exemplo do que é capaz de facer este mecanismo represivo, que criminaliza a diferenza e a miseria e pro dunha paz ficticia que permite continuar con este sistema de producción e consumo, que exclaviza e banaliza a vida humana e animal.
Ademáis poñeremos en práctica unha serie de dinámicas de grupo para debatir sobre estas temáticas e que a xente participe. O longo das Xornadas tamén se distribuirá material anticarcelario.
Finalmente, e para erguelo ánimo, remataremo-las xornadas co concerto de BITXO BOLA.
http://vagalumenxebre.blogspot.com/
Visto en | GZ-indymedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario